Unha eclipse de Golden Gate

TLEGoldenGate_rba_dCréditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: as sombras xogan na auga e no ceo desta vista panorámica da eclipse lunar total de 4 de abril sobre a ponte Golden Gate San Francisco. O disco lunar, xusto no interior da sombra do planeta Terra, aínda se pode ollar de xeito doado na súa breve fase total na paisaxe celeste nocturna urbana que se creou para cubrir un amplo rango de luminosidades visibles. A eclipse total lunar máis curta do século tamén foi a terceira dunha cadea de catro eclipses lunares totais consecutivas, o que se denomina coma unha tétrada. As dúas anteriores, afastadas por intervalos de case seis meses, foron os pasados 15 de abril e  o 8 de outubro. A vindeira e eclipse final da tétrada será o 28 de setembro. Esta tétrada de 2015-2015 é unha das 8 tétradas de eclipses lunares totais do século XXI.