Lúa chea na sombra da Terra

TLE2015_1024x821olsenCréditos da imaxe e copyright: Rolf Olsen
Explicación: a semana pasada a Lúa chea estivo inmersa por completo na escura sombra umbral da Terra, aínda que só por pouco tempo. A eclipse lunar da fase total do 4 de abril de 2015 durou menos de 5 minutos, a eclipse lunar total máis curta do século. De feito, o norte lunar, esvarando xusto polo interior do bordo setentrional da sombra umbral da Terra, ficou relativamente brillante, mentres un fermoso rango de cores azuis e vermellos emerxían ao través do resto do hemisferio da Terra que apuntaba á Lúa. A luz avermellada dentro da sombra que chega á superficie lunar é filtrada pola atmosfera inferior. Visto desde unha perspectiva lunar, provén desde todos os solpores e menceres ao redor dos bordos da Terra perfilada. Preto do bordo da sombra, a luz máis azul aínda se filtra ao través da atmosfera da Terra, pero orixínase coma raios de luz solar que pasan ao través das capas altas da atmosfera superior. Esa luz é coloreada polo ozono que absorbe a luz vermella e transmite as cores azuis. Nesta vista telescópica definida de totalidade desde Auckland, Nova Celandia (planeta Terra), o polo norte da Lúa xirouse cara a parte superior do cadro.