No corazón do cúmulo Virgo

No corazón do cúmulo VirgoCréditos da imaxe: NASA/ESA/ESO/NAOJ/G. Paglioli; Copyright: R. Colombari/G. Paglioli
Explicación: o cúmulo de galaxias Virgo é o cúmulo galáctico máis achegado á nosa galaxia Vía Láctea. O cúmulo Virgo está tan achegado que abarca máis de 5 graos no ceo; unhas 10 veces o ángulo que ocupa unha Lúa chea. Co seu corazón ubicado a uns 70 millóns de anos luz de distancia, o cúmulo Virgo é o cúmulo de galaxias máis próximo, contén unhas 2.000 galaxias, e ten un tirón gravitatorio notable sobre as galaxias do Grupo Local de galaxias que arrodea á nosa galaxia Vía Láctea. O cúmulo non só contén galaxias cheas de estrelas, tamén gas tan quente que brilla en raios X. Os movementos das galaxias no seu interior e ao redor dos cúmulos indican que conteñen máis materia escurs ca calquera materia visible que poidamos ver. Na fotografía superior, o corazón do cúmulo Virgo inclúe a galaxias brillantes Messier coma los ollos de Markarian na parte superior esquerda, M86 xusto por riba e á dereita do centro, M84 no extremo dereito, así como a galaxia espiral NGC 4388 na parte inferior dereita.