Aneis de diamantes e pérolas de Baily


See Explanation.  Clicking on the picture will download  the highest resolution version available.

 Créditos da imaxe e copyright: Wang, Letian

Explicación: preto do equinocio do 20 de marzo o ceo frío e claro sobre Longyearbyen (Noruega), planeta Terra, contivo unha vista engaiolante, unha eclipse total do Sol. A silueta da Lúa Nova nas etapas xusto anterior e posterior á longa fase total de tres minutos semella abrollar de diamantes relocentes e adoas brillantes nesta composición de fotogramas seguidas do evento xeocéntrico celeste. As última e primeira olladas do disco solar co limbo lunar arrodeado polo brillo da coroa interior do Aol dan a impresión dun anel de diamantes no ceo. Nos límites da totalidade, a luz solar que flúe ao través dos vals no terreo irregular ao longo do bordo da Lúa, produce un efecto coñecido coma Pérolas de Baily, denominadas así despois de que o astrónomo inglés Francis Baily defendeu unha explicación do fenómeno en 1836. Esta composición definida tamén salienta a cadea de prominencias solares rosadas guindadas por riba do Sol eclipsado.