NGC 2403 en Camelopardalis


See Explanation.  Clicking on the picture will download  the highest resolution version available.
Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh
Explicación: magnífico universo illa, NGC 2403 fica nas fronteiras da constelación de longo pescozo Camelopardalis. A uns 10 millóns de anos luz de distancia e cuns 50.000 anos luz de diámetro, a galaxia espiral tamén semella ter máis cá súa parte correspondente de rexións HII de formación estelar, marcadas polo desvelador brillo avermellado de gas hidróxeno atómico. As xigantes rexións HII están potenciadas por cúmulos de estrelas quentes e masivas que explosionan coma supernovas brillantes ao remate das súas vidas curtas e furiosas. NGC 2403, un membro do grupo M81 de galaxias, lembra de preto a outra galaxia con abundancia de rexións de formación estelar que se atopa no noso propio grupo local de galaxias, a galaxia Triángulo M33. As estrelas brillantes neste retrato galáctico cheo de cor de NGC 2403, de aparencia picuda, están no interior da nosa propia Vía Láctea.