A Terra durante unha eclipse total do Sol

A Terra dunrante unha eclipse total solarCréditos da imaxe: tripulación a expedición 12, NASA
Explicación: a que se parece a Terra durante unha eclipse total solar? Aparece escura na rexión na que a xente ve a eclipse, porque é onde cae a sombra da Lúa. Realmente, a mancha de sombra roda a fume de carozo pola Terra a case 2 000 quilómetros por hora, escurecendo as localidades do seu camiño só durante uns poucos minutos antes de seguir a viaxe. A imaxe publicada amosa á Terra durante a eclipse total solar de marzo de 2006, tal e como se ollaba desde a Estación Espacial Internacional. O venres, a Lúa moverase por diante do Sol outra vez, proxectando outra sombra circular distorsionada que, desta volta, pasará voando por parte do Océano Atlántico norte.