Ao longo do muro do Cisne

Ao longo do muro do cisneCréditos da imaxe e copyright: Jimmy Walker
Explicación: a cordilleira de emisión con forma de W nesta vívida paisaxe celeste é coñecida coma o muro do Cisne. A cordilleira cósmica, parte dunha nebulosa de emisión máis grande cun distintivo perfil chamado popularmente a nebulosa Norteamérica, abarca uns 20 anos luz. O mosaico de dúas fotografías, construídas usando datos de banda estreita para salientar o desvelador brillo avermellado procedente de átomos de hodróxeno ionizado que se recombinan con electróna, segue a un fronte de ionización con detalles finos de formas escuras e poeirentas en silueta. As formas escuras que poboan a imaxe, esculpidas pola potente radiación procedente de estrelas novas, quentes e masivas da rexión, son nubes de gas e po fríos con estrelas que probablemente se estean a formar no seu interior. A propia nebulosa Norteamérica, NGC 7000, está a uns 1.500 anos luz de distancia.