Aurora sobre glaciar islandés

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: James Boardman Woodend (Images Inspired by Nature) Explicación: déronse xuntas varias condicións chave para crear este disparo premiado. Estas inclúen unha noite escura, poucas nubes, una mostra de aurora épica e un corpo de auga tanto en calma abondo e sen conxelar abondo como para reflectir estrelas. A paisaxe celeste amosada, chea de actividade e serenidade, aparecía sobre o glaciar Vatnajökull de Islandia en xaneiro de hai un ano, coa lagoa do iceberg Jökulsárlón captada en primeiro plano. As auroras enchendo os ceos seguen a ser comúns preto dos polos da Terra mentres o noso Sol, preto do máximo solar, continúa a expulsar potentes nubes de plasma ao interior do Sistema Solar.