NGC 602 na nebulosa do Lagarto Voador

NGC602 na nebulosa do lagarto voadorCréditos da imaxe e copyright: Don Goldman
Explicación: preto dos arrabaldes da Pequena Nube de Magallanes, unha galaxia satélite a uns 200 milleiros de anos luz de distancia, atópase o cúmulo estelar NGC 602 con 5 millóns de anos de idade. NGC 602, arrodeado polo po e gas natais, está xusto por baixo do centro deste campo de vista telescópico co tamaño angular da Lúa Chea no ceo. O propio cúmulo ten uns 200 anos luz de diámetro. As cristas brillantes do interior e as formas arrasadas da parte traseira suxiren con intensidade que a potente radiación e as ondas de choque procedentes das estrelas novas e masivas de NGC 602 erosionaron o material poeirento e desencadearon unha progresión de formación estelar afastándose do centro do cúmulo. Por suposto, as ás de emisión máis espalladas pola zona suxiren o nome popular do complexo contorno cósmico, a nebulosa do Lagarto Voador.