Coroa desde Svalbard

Coroa desde SvalbardCréditos da imaxe e copyright: Miloslav Druckmüller, Shadia Habbal, Peter Aniol, Pavel Starha
Explicación: durante unha eclipse solar total, a enorme atmosfera máis externa do Sol, ou a coroa, é unha vista inspiradora. As correntes e rasgos relucentes que interactúan co ollo abarcan un rango de brillo de entre 10.000 a 1, facéndolos enormemente difíciles de captar nunha soa fotografía. Pero esta composición de 29 imaxes telescópicas cobre un rango amplo de tempos de exposición que desvelan a coroa do Sol en toda a súa gloria. Os fotogramas dixitais aliñados e amoreados foron gravados nos ceos fríos e claros sobre o arquipélago ártico de Svalbard (Noruega), durante a eclipse total de Sol do 20 de marzo e tamén amosa as prominencias solares que se estenden xusto máis alá do bordo do disco solar. É de destacar que incluso os detalles pequenos da parte escura en noite da Lúa nova poden albiscarse, alumeadas pola luz solar reflectida desde unha Lúa chea. Naturalmente, a fortuna será á inversa o 4 de abril mentre unha Lúa chea se mergulle no interior da sombra dunha Terra nova, durante unha eclipse lunar total.