Estraños penachos sobre Marte

Estraños penachos sobre MarteCréditos da imaxe e copyright: W. Jaeschke
Explicación: que está a crear estraños penachos sobre Marte? Ninguén o sabe. Ollados e confirmados por un equipo global de astrónomos afeccionados en fotos do planeta vermello en marzo de 2012, posiblemente se atoparon agora columnas de fume semellantes en fotografías de arquivo tan atrás como en 1997. Coma os penachos acadan os 200 quilómetros de altura, parecen demasiado altos como para estar relacionados co po superficial transportado polo vento. Coma un dos penachos durou durante onde días, pareceu durar demasiado como para ter que ver coas auroras. Seguramente os astrónomos afeccionados seguirán a vixilar o terminador e as rexións do limbo de Marte na procura de penachos altos e novos, e a armada de satélites que orbita Marte pode ser avisada para verificar e estudiar calquera penacho recén informado que se faga visible. A animación en vídeo secuencia de 35 minutos publicada tirouse o 20 de marzo de 2012 polo descubridor dos penachos; un avogado de Pensilvania, EUA.

Aposta: que pensas que son estes estraños penachos de Marte?