A Vía Láctea sobre os Toadstools de Arizona


Mira a explicación. Movendo o cursor sobre a imaxe conseguirás unha versión anotada. Premendo na imaxe aparecerá a versión de maior calidade dispoñible.

Créditos da imaxe e copyright: David Lane e R. Gendler (3 recadros)
Explicación: que é máis vello, as rochas que ves no chan ou a luz que ves do ceo? Normalmente as rochas con máis vellas, coa súa orixe nos sedimentos depositados ben antes de que a luz deixara calquera das estrelas ou nebulosas que ollas no ceo. Porén, se podes mirar, por un telescopio, unha galaxia afastada no Universo, máis lonxe que Andrómeda ou a galaxia espiral NGC 7331 (recadro), entón está a ollar luz máis antiga. Aquí se amosa o disco central da nosa galaxia Vía Láctea que se arquea sobre as formacións de rocha Toadstool hoodoos do norte de Arizona (EUA). Os Toadstool, estraños puchos de rocha, son arenitas relativamente duras que o vento erosionou máis lentamente cás arenitas inferiores. As bandas verdes son luminescencia, luz emitida polo aire estimulado da atmosfera da Terra. Na parte inferior dereita hai unha cámara de vídeo secuencia situada para capturar o ceo rotando por tras da pintoresca escena do primeiro plano.

N.T.: toadstool tradúcese coma “cogumelo velenoso”, sen dúbida pola forma que teñen. Máis non hai un equivalente na nosa lingua a este elemento xeolóxico. O mesmo para hoodoos.