45 días ao Sol

45 días ao SolCréditos da imaxe e copyright: Csaba Kovács
Explicación: desde o 1 de xaneiro ao 25 de febreiro de 2013, situouse unha cámara estenopeica nunha leira preto de Budapest (Hungría), planeta Terra, para crear esta intrigante solarigrafía. E, durante 45 días, un vello biplano Antonov An-2 ficou quedo mentres o Sol saía e se puña. A exposición continua comezou uns 10 días tralo solsticio de inverno do hemisferio norte, polo que cada día os ronseis do Sol arqueábanse paseniñamente máis altos no ceo. Os días de Sol foron rexistrados nun anaco de papel fotosensible branco e negro metido dentro dun sinxelo contedor de película de plástico, pero a longa exposición produciu cor na imaxe visible que se escaneou dixitalmente de seguido. Como é natural, os días anubrados deixaron saltos nos ronseis solares da solarigrafía.