Unha conxunción no ceo do serán

Unha conxunción no serán da TerraCréditos da imaxe e copyright: Tunç Tezel (TWAN)
Explicación: hai oito anos, un ceo de serán contiña esta adorable parella dunha pequena crecente Lúa e un Venus brillante. A conxunción achegada maila súa reflexión invernal, ollada preto do horizonte occidental, captáronse desde Bolu (Turquía), planeta Terra, o 19 de febreiro de 2007. Nos 8 anos terrestres desde que se tirou esta fotografía Venus orbitou ao Sol case 13 veces exactamente, polo que o Sol e Venus voltaron agora á mesma configuración no ceo da Terra. E como cada 8 anos a Lúa case repite as súas fases durante un ano determinado, de novo aparecerá unha conxunción moi crecente luar-Venus moi semellante nos ceos do serán do planeta Terra esta noite. Pero o 20 de febreiro de  2015 a versión da conxunción tamén incluirá ao planeta Marte. Moito máis tenue, Marte vagará aínda máis preto de Venus na noite do 21 de febreiro.