Un filamento incriblemente longo sobre o Sol


See Explanation.  Clicking on the picture will download  the highest resolution version available.
Créditos da imaxe e copyright: Oliver Hardy
Explicación: onte, o Sol exhibiu un dos filamentos máis longos nunca antes gravado. Poida que aínda estea hoxe. O enorme filamento, visible coma unha raia escura xusto por baixo do centro da imaxe publicada, estendeuse ao través da faciana do Sol a unha distancia aínda superior có radio do Sol; uns 700.000 quilómetros. Realmente, un filamento é gas quente suspendido por riba grazas ao campo magnético do Sol, polo que visto desde un lateral aparecería coma unha prominencia erguéndose. A imaxe publicada amosa o filamento na luz emitida polo hidróxeno e, por tanto, salienta a cromosfera do Sol. Os telescopios que seguen ao Sol, incluíndo ao Solar Dynamics Observatory (SDO ou “Observatorio de dinámica solar”) da NASA, están a rastrexar esta estraña característica, co SDO gravando onte un scampo magnético en espiral que estaba a tragar. Como normalmente os filamentos duran só entre horas e días, partes deste poden colapsar ou entrar en erupción en calquera intre,  e ben voltar ao como plasma quente ao Sol ou ben seren expulsados ao Sistema Solar. Aínda está aí o filamento? Podes comprobalo premendo na imaxe solar actual do SDO.