Rochas estratificadas preto do monte Sharp en Marte

Rochas estratificadas no monte Sharp de MarteCréditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS
Explicación: que provocó que estas rochas marciana estean estratificadas? A hipótese principal é que un antigo lago marciano estivo a evaporarse e reenchéndose durante 10 millóns de anos; pero agora ficou enxoito e baleiro de auga durante milleiros de millóns de anos. A imaxe publicada, tirada o pasado novembro polo todoterreo automático Curiosity, amosa Whale Rock, cun metro de ancho, que é parte dos afloramentos dos outeiros Pahrump na base do monte Sharp. Tamén é evidente na imaxe a estratificación cruzada, rocha con capas en ángulo, que probablemente foron producidas por ondas de area. O Curiosity continúa a atopar moitas rochas estratificadas coma esta mentres segue a rodar ao redor e cara enriba do monte Sharp de 5,5 km de alto.