Piar de po da nebulosa Carina

Piar de po da nebulosa CarinaCréditos da imaxe: NASA, ESA e o Hubble SM4 ERO Team
Explicación: este piar cósmico de gas e po ten case dous anos luz de ancho. A estrutura está no interior dunha das meirandes rexións de formación estelar da nosa galaxia, a nebulosa Carina, que brilla nos ceos setentrionais a unha distancia duns 7.500 anos luz. Os contornos arrevesados do piar son modelados polos ventos e a radiación das estrelas novas, masivas e quentes de Carina. Pero o interior do propio piar cósmico é o fogar de estrelas en proceso de formación. De feito, unha penetrante imaxe en infravermellos amosa que o piar está dominado por dous potentes chorros estreitos que emerxen ao exterior desde unha estrela bebé aínda agochada. A imaxe en luz visible publicada enriba fíxose en 2009 empregando a Wide Field Camera 3 do Telescopio Espacial Hubble.