Unha aurora de bólas

Unha aurora de bólasCréditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Explicación: semella unha bonita colección de ágatas. Pero realmente esta rede de remuíños e manchas incrustadas amosa o emocionante desenvolvemento das subtormentas aurorales do planeta Terra. A secuencia dunhas 600 imaxes de ollo de peixe de horizonte a horizonte tirouse durante un periodo de 2 horas preto do círculo ártico en marzo de 2012 desde Laponia, na Suecia setentrional. Comeza na parte superior esquerda no solpor e remata na parte inferior dereita, cubrindo dous picos de actividade con coronas brillantes formándose no máis alto. O voo da sonda espacial THEMIS da NASA descubriu, mentres exploraba o espazo entre a Terra e a Lúa, que estas explosións de actividade auroral son dirixidas por liberacións súpetas de enerxía da magnetosfera terrestre. Incluso se non estás a xogar para gañar, podes seguir esta ligazón para ollar a serie nun vídeo secuencia completo (vimeo).