Conxunción triple de lúas de Xúpiter


See Explanation.
Moving the cursor over the image will bring up an alternate version.
Clicking on the image will bring up the highest resolution version
available.

Créditos da imaxe: NASA, ESA e o Equipo Hubble Heritage (STScI/AURA)
Explicación: Xúpiter, o planeta xigante e dominante do Sistema Solar, e 3 das súas 4 lúas galineanas son captadas nesta única instantánea do Hubble do 24 de xaneiro. Europa, Calixto e Ío, cruzan por diante das franxas de nubes altas, asendo fotografados desde abaixo á esquerda ata arriba á dereita nunha excepcional conxunción triple de lúas. Distinguibles só polas cores a xeada Europa é case branca, a antiga superficie chea de cráteres de Calixto parece marrón escura e a volcánica Ío semella amarelada. As lúas en tránsito e as sombras das lúas poden ser identificadas esvarando o teu cursor sobre a imaxe, ou seguindo esta ligazón. De xeito destacado, dúas lúas xovianas pequenas e interiores, Amalthea e Thebe, xunto coas súas sombras, tamén se poden atopar nesta definida imaxe do Hubble. As lúas galineanas teñen diámetros de 3.000 a 5.000 quilómetros máis ou menos, comparables en tamaño coa lúa da Terra. Pero as estrañas formas de Amalthea e Thebe fan que teñan só uns 260 e 100 quilómetros de diámetro respectivamente.