Os mares de Titán reflicten a luz solar

Os mares de Titán reflicten a luz solar
Créditos da imaxe: VIMS Team, U. Arizona, ESA, NASA
Explicación: por que alumearía a superficie de Titán cun lóstrego cegador? A razón: reflexo solar desde os mares líquidos. A lúa de Saturno Titán ten moitos lagos tranquilos de metano que, cando o ángulo é correcto, reflicten a luz solar coma se fosen espello. Fotografado aquí en cores falsas, a sonda espacial automática Cassini que orbita Saturno fotografou a Titán cuberto de nubes o pasado verán en bandas diferentes de luz infravermella capaces de perforar as nubes. Esta reflexión especular foi tan brillante que saturou unha das cámaras de infravermellos da Cassini. Aínda que o reflexo solar era molesto; tamén foi útil. As rexións reflectoras confirman que o Titán setentrional alberga un conxunto amplo e complexo de mares cunha xeometría que indica periodos de evaporación significativa. A Cassini, durante os seus numerosos pases pola lúa máis misteriosa do noso Sistema Solar, desvelou a Titán coma un mundo con meteoroloxía activa; o que inclúe as veces nas que chove unha versión licuada de gas natural.