NGC 4676: cando os ratos coliden

NGCCréditos da imaxe: ACS Science & Engineering Team, Telescopio Espacial Hubble, NASA
 Explicación: estas dúas galaxias poderosas están a turrar unha da outra. Coñecidas coma os “Ratos” porque teñen colas longas, probablemente cada galaxia espiral xa atravesou á outra. As longas colas créanse pola diferenza relativa entre os tiróns gravitatorios das partes achegadas e afastadas de cada galaxia. Como as distancias son tan grandes, a interacción cósmica ten lugar a cámara lenta; durante centos de millóns de anos. NGC 4676 está a uns 300 millóns de anos luz de distancia cara a constelación da Cabeleira de Berenice (Coma Berenices) e probablemente sexan membros do cúmulo galáctico Coma. A imaxe superior foi tirada coa Advanced Camera for Surveys (ou Cámara Avanzada de Sondaxes) do Telescopio Espacial Hubble en 2002. Con toda probabilidade, estes ratos galácticos colidirán unha e outra vez durante os vindeiros milleiros de millóns de anos ata fusionarse para formar una soa galaxia.

Unha reflexión sobre “NGC 4676: cando os ratos coliden

  1. ¡ESPECTACULAR!

    A foto en primeiro plano é espectacular e fermosísima pero neste tipo de fotografías aínda me impacta máis todo o que se ve en segundo plano. Ó mesmo tempo é unha sensación ou máis ben unha certeza de que non somos nada no medio do universo pero tamén unha fiestra ós soños, imaxes evocadoras, abraiantes, non sei…

    Esta entra coa clásica captura do cúmulo de Virgo na miña listaxe de fotografías favoritas” right now”… Gracias Hubble por ternos mandado estas vistas dun pedaciño do ceo…

Os comentarios están pechados.