NGC 4676: cando os ratos coliden

NGCCréditos da imaxe: ACS Science & Engineering Team, Telescopio Espacial Hubble, NASA
 Explicación: estas dúas galaxias poderosas están a turrar unha da outra. Coñecidas coma os “Ratos” porque teñen colas longas, probablemente cada galaxia espiral xa atravesou á outra. As longas colas créanse pola diferenza relativa entre os tiróns gravitatorios das partes achegadas e afastadas de cada galaxia. Como as distancias son tan grandes, a interacción cósmica ten lugar a cámara lenta; durante centos de millóns de anos. NGC 4676 está a uns 300 millóns de anos luz de distancia cara a constelación da Cabeleira de Berenice (Coma Berenices) e probablemente sexan membros do cúmulo galáctico Coma. A imaxe superior foi tirada coa Advanced Camera for Surveys (ou Cámara Avanzada de Sondaxes) do Telescopio Espacial Hubble en 2002. Con toda probabilidade, estes ratos galácticos colidirán unha e outra vez durante os vindeiros milleiros de millóns de anos ata fusionarse para formar una soa galaxia.