A complexa cola iónica do cometa Lovejoy

A complexa cola iónica do cometa LovejoyCréditos da imaxe e copyright: Velimir Popov e Emil Ivanov (IRIDA Observatory)
Explicación: que provoca a estrutura da cola do cometa Lovejoy? O cometa C/2014 Q2 (Lovejoy), que actualmente ten unha luminosidade a simple vista e preto do seu brillo máximo, estivo a amosar una cola iónica exquisitamente detallada. Tal e como implica o seu nome, a cola iónica está feita de gas ionizaco; gas potenciado por luz ultravioleta procedente do Sol e empurrada cara o exterior polo vento solar. O vento solar está bastante estruturada e esculpida polo complexo do Sol mailo cambiante campo magnético. O efecto do variable vento solar combinado con diferents chorros de gas venteados desde o núcleo do cometa dá conta da complicada estrutura do núcleo. Seguindo o vento, a estrutura da cola do cometa Lovejoy pode ollarse movéndose cara fóra desde o Sol e incluso altera a súa aparencia ondulada no tempo. A cor azul da cola iónica está dominada polas moléculas de monóxido carbónico recombinado, mentres que a cor verde da coma que arrodea a cabeza do cometa está creada na maior parte por unha lixeira cantidade de moléculas de carbono diatómico recombinadas. A imaxe mosaico de tres paneis amosada tirouse hai nove días desde o Observatorio IRIDA en Bulgaria. O cometa Lovejoy fixo a súa pasada máis achegada pola Terra hai dúas semanas e estará o máis achegado ao Sol nuns dez días. Despois diso, o cometa atenuarase mentres se dirixe de volta ao Sistema Solar exterior, para voltar só nuns 8.000 anos.

APOD galego en directo. Charla anual.