Unha pelica de raposo, un unicornio e unha árbore de Nadal

Unha pelica de raposo, un unicornio e unha árbore de nadal
Créditos da imaxe e copyright: R. Colombari e Francesco Antonucci; Datos: Subaru, ESO e F. Antonucci
Explicación: que teñen en común as seguintes cousas: un cono, un pelexo de raposo e unha árbore de Nadal. Resposta: ocorren todas na conselación do unicornio (Monoceros). Fotografadas coma unha rexión de formación estelar e catalogados coma NGC 2264, o complexo enguedello de gas e po cósmicos está a uns 2.700 anos luz de distancia e mestura nebulosas de emisión avermelladas excitadas por luz enerxética procedente das estrelas recén nacidas con escuras nubes de po interestelar. Onde as noutrora nubes de po escurecedor se atopan preto de estrelas novas e quentes tamén reflicten a luz estlar, formando nebulosas de reflexión azuis. A imaxe abarca máis ou menos o diámetro dunha lúa chea, cubrindo uns 30 anos luz á distancia de NGC 2264. O seu elenco de persoeiros cósmicos inclúe a nebulosa Pelica de Raposo, cuxa pel ensarillada se atopa na parte inferior dereita, a brillante estrela variable S Mon pode ollarse xusto por riba da Pelica de Raposo, e a nebulosa Cono na esquerda da imaxe. Dada a súa distribución, as estrelas de NGC 2264 tamén se coñecen coma o cúmulo estelar Árbore de Nadal. A forma de árbore triangular marcada polas estrelas aparece aquí co seu cumio na nebulosa Cono á esquerda coa súa base máis ancha preto de S Mon á dereita.