No corazón de Orión

No corazón de OriónCréditos da imaxe e copyright: László Francsics
Explicación: preto do centro deste definido retrato cósmico, no corazón da nebulosa de Orión, están as catro estrelas quentes e masivas coñecidas coma o Trapecio. Moi xuntas nunha rexión duns 1,5 anos luz de radio, dominan o núcleo do denso cúmulo de estrelas da nebulosa de Orión. A radiación ultravioleta ionizante procedente das estrelas do Trapecio, sobre todo da estrela máis brillante Theta-1 Orionis C, aporta todo o brillo visible da rexión do complexo de formación estelar. Cuns tres millóns de anos de idade, o cúmulo na nebulosa de Orión era aínda máis compacto nos seus anos mozos e un estudo da súa dinámica indica que as colisións de estrelas fuxidías nunha idade temperá poden ter formado un burato negro con máis de 100 veces a masa do Sol. A presenza dun burato negro no interior do cúmulo podería explicar as altas velocidades olladas nas estrelas do Trapecio. A distancia da nebulosa de Orión duns 1.500 anos luz convirtírao no burato negro coñecido máis achegado ao planeta Terra.