O cometa Lovejoy por diante dun cúmulo estelar globular

O cometa Lovejoy por diante dun cúmulo globular estelarCréditos da imaxe e copyright: Dieter Willasch (Astro-Cabinet)
Explicación: o cometa Lovejoy volveuse visible a simple vista. Para mirar ao cometa, só tes que ir fóra unha hora tralo solpor máis ou menos e buscar unha mancha borrosa á dereita do cinto de Orión. Uns prismáticos e un planisferio estelar poden ser de axuda. O cometa C/2014 Q2 (Lovejoy), fotografado aquí, captouse hai tres días pasando case por diante de M79, o cúmulo estelar globular visible coma a mancha brillante lixeiramente por riba e á esquerda da coma tinguida de verde do cometa. O núcleo do cometa Lovejoy é un xigante iceberg sucio que está a sementar gas nunha cola iónica longa e enleada, que se estende por toda a imaxe, mentres se achega ao Sol. Agárdase que o cometa se faga aínda máis sinxelo de descubrir para os observadores do norte durante xaneiro, mentres se ergue máis cedo e, agardemos, continúa a aumentar de brillo.