Observatorio, montañas, Universo

Observatorio, montañas, UniversoCréditos da imaxe e copyright: Boris Dmitriev (Night Scape)
Explicación: a grandiosidade desta imaxe vén por capas. A capa máis achegada, no primeiro plano, contén o observatorio Peak Terskol situado ao norte das montañas Caucasus de Rusia. A cúpula branca cun telescopio duns 2 metros pode ollarse claramente. O observatorio está a lombo do monte Elbrus, a montaña máis alta de Europe, con outros cumios visibles na capa próxima ao fondo. As nubes poden ollarse tanto por diante como por tras dos cumios das montañas. A panorámica coposta de tres imaxes que se amosa tirouse en agosto de 2014. Afastado na distancia está a capa máis distante: as estrelas e nebulosas do ceo nocturno, coa banda central da Vía Láctea erguéndose da dereita da imaxe.