Estraños piares de luz sobre Letonia

Piares de luz sobre letoniaCréditos da imaxe e copyright: Aigar Truhin

Explicación: que está a acontecer sobre esa cidade? Unha inspección achegada amosa estrañas columnas de luz que ocorren sobre luces brillantes e, por tanto, probablemente sexan piares de luz relacionados con cristais de xeo que refractan esas luces. A imaxe superior e outras fotografías semellantes foron tiradas cunha cámara dixital convencional en Sigulda (Letonia) a finais de 2009. Porén, a razón polas que eses piares se espallan ata o alto segue a ser materia de especulación. Ollouse que o aire era bastante frío e cheo de pequenos cristais de xeo, xusto do tipo ben coñecido para crear varios fenómenos celestes impresionantes pero ben coñecidos coma piares de luz, piares solares, parhelios e halos lunares. Este ano está a haber un inverno de neve e frío en partes do hemisferio norte da Terra que lle dá aos entusiastas do ceo novas oportunidades e normalmente inesperadas para ollar varias destes estraños fenómenos ópticos atmosféricos en directo.