A chuvia de inverno

A chuvia de invernoCréditos da imaxe e copyright: Jia Hao
Explicación: coñecida no norte coma a chuvia de meteoros de inverno, a xemínidas de 2014 choveron a cachón sobre esta paisaxe conxelada e accidentada. A escena gravouse desde o cumio do monte Changbai, ao longo da fronteira nordés de China con Corea do Norte, cunha composición de fotogramas dixitais que captan os brillantes meteoros preto do máximo da chuvia. Orión está próxima ao centro da imaxe por riba do lago do cráter volcánico. O radiante da chuvia na constelación Gemini está na parte superior esquerda, na orixe aparente de todas os rastros meteóricos. O fotógrafo Jia Hao, pagando o prezo de semellante vista irreal do espectáculo celeste, informa de refachos fortes de vento e temperaturan invernais de -34ºC preto do cumio.