Este cometa Lovejoy

Este cometa LovejoyCréditos da imaxe e copyright: Damian Peach
Explicación: o cometa Lovejoy, C/2014 Q2, encádrase coma unha árbore de nadal cósmica con decoración estrelada neste retrato telescópico cheo de cor, fotografado o 16 de decembro. A súa adorable coma tínguese de verde pola fluorescencia do gas C2 diatómico baixo a luz solar. Descuberto en agosto deste ano, este cometa Lovejoy está actualmente movéndose no norte ao través da constelación Columba, dirixíndose a Lepus no sur de Orión e brillando abondo para ofrecer boas vistas binoculares. Non é a súa primeira vez ao través do Sistema Solar interno, este cometa Lovejoy pasará máis preto do planeta Terra o 7 de xaneiro, mentres que o seu perihelio (o punto máis achegado ao Sol) será o 30 de xaneiro. Por suposto, o propio perihelio de 2015 do planeta Terra está programado para o 4 de xaneiro. Este cometa Lovejoy, un cometa de periodo longo, debería voltar de novo… nuns 8.000 anos.