IC 1795: a nebulosa Cabeza de Peixe

ic1795: a nebulosa cabeza de peixeCréditos da imaxe e copyright: Bill Snyder (Bill Snyder Photography)

Explicación: para algúns, esta nebulosa semellase á cabeza dun peixe. Porén, realmente este retrato cósmico cheo de cor representa nubes de gas brillante e po escurecedor en IC 1795, unha rexión de formación estelar na constelación setentrional Cassiopeia. As cores da nebulosa creáronse adoptando a paleta de cores falsas do Hubble para cartografar a emisión estreita dos átomos de osíxeno, hidróxeno e xofre en cores azul, verde e vermella, e mesturando tamén os datos con imaxes da rexión gravados ao través de filtros de banda ancha. A propia IC 1795, non moi afastada no ceo do famoso Cúmulo Dobre Estelar de Perseus, sitúase preto de IC 1805, a nebulosa Corazón, coma parte dun complexo de rexións de formación estelar que están no bordo dunha gran nube molecular. O gran complexo de formación estelar, localizado xusto a uns 6.000 anos luz, espállase ao longo do prazo espiral de Perseus da nosa propia galaxia Vía Láctea. A esa distancia, esta imaxe abararía uns 70 anos luz de diámetro de IC 1795.