O misterioso metano de Marte

methane5_nasa_960Créditos da ilustración: Methane Workshop, Frascati Italy, Villanueva et al. 2009, NASA
Explicación: que está a crear metano en Marte? As medidas recentes procedentes do todoterreo automático Curiosity, que actualmente está a rodar por Marte, indican un aumento abraiante de dez veces no metano atmosférico comparando coas medidas feitas hai só uns meses. A vida é a maior produtora de metano na Terra, polo que as especulacións se descontrolaron ao respecto de que algunha clase de vida, posiblemente microbiana, está a crear o metano por baixo da superficie de Marte. Aínda que hai outras posibilidades, cun modelo destacado sobre que a súpeta liberación de metano produciuna unha mistura de químicos específicos do solo con auga subterránea. As orixes propostas do metano marciano represéntanse na ilustración publicada. A orixe do metano de Marte seguirá a ser seguramente un tema de investigación activo, con misións coma Curiosity e a Mars Orbiter Mission da India procurando pistas dos cambios na abundancia das medidas de metano e posibles derivados de diferentes procesos produtores de metano.