Nube molecular Barnard 68

Nube molecular barnard 68Créditos da imaxe: FORS Team, 8.2-meter VLT Antu, ESO
Explicación: onde marcharon todas as estrelas? O que se acostumaba a pensar que era un burato do ceo é agora coñecido polos astrónomos coma unha nube molecular escura. Aquí, unha concentración alta de po e gas molecular absorbe case toda a luz visible que emiten as estrelas de detrás. Os arredores, arrepiantemente escuros, axudan a facer dos interiores das nubes moleculares uns dos lugares máis aillados e fríos do Universo. Unha das máis destacadas destas nebulosas escuras de absorción é unha nube cara a constelación Ophiuchus coñecida coma Barnard 68, fotografada enriba. Esas estrelas que non se ven no centro indican que Barnard 68 está relativamente achegada, con medicións que a sitúan a uns 500 anos luz de distancia e medio ano luz de diámetro. Non se sabe con exactitude como as nubes moleculares coma Barnard 68 se forman, pero sábese que estas nubes son por si mesmas lugares nos que probablemente se estean a formar estrelas novas. Precisamente, pénsase que a propia Barnard 68 tense probablemente colapse e forme un novo sistema estelar. É posible ollar xusto ao través da nube en luz infravermella.