Noite de paraselene

Noite de paraseleneCréditos da imaxe e copyright: Martin Ratcliffe
Explicación: nesta escena nocturna das primeiras horas do 14 de novembro, a luz do cuarto minguante da Lúa alumea as nubes por riba das cúpulas do cumio da montaña do Observatorio Nacional Kitt Peak preto de Tucson, Arizona. O brillante Xúpiter está xusto á esquerda do disco lunar sobreexposto, cunha raia dun reflexo da lente da cámara inmediatamente á dereita; pero non se trata dun bólido explosionando preto do centro da imaxe. En vez diso, desde a perspectiva da beiravía da estrada, un abraiantamente brillante paraselene ou parhelio lunar fica xusto sobre o telescopio WIYN Kitt Peaks. Análogo a un parhelio (solar), un paraselene é producido polo luar que se refracta ao través de cristais de xeo hexagonais en forma de plato das nubes cirro altas. Tal e como determina a xeometría do cristal, os paraselenes óllanse nun ángulo de 22 graos ou máis desde a Lúa. Comparado co brillante disco lunar son a miúdo máis tenues e máis sinxelos de percibir cando a Lúa está baixa. Uns 10 minutos despois de que o fotógrafo tirase a imaxe o paraselene xa se atenuara na noite.