Errantes


Créditos do vídeo: visuais: Erik Wernquist; música: Christian Sandquist diálogos e voz: Carl Sagan
Explicación: que lonxe explorará a humanidade? Se esta fusión do vídeo de imaxes reais e de ficción está no camiño correcto, polo menos ao Sistema Solar. Algunhas das secuencias abraiantes do vídeo amosan humanos do futuro vagando polos aneis de Saturno, explorando Xúpiter desde unha nave espacial achegada e choutanto a un alto cantil na baixa gravidade in dunha lúa de Urano. Aínda que ninguén pode coñecer o futuro, deambular e explorar máis alá das fronteiras, tanto físicas coma intelectuais, é parte do espírito humano e adoito serviulle ben á humanidade no pasado.