Lanzamento do Orión

Lanzamento de OriónCréditos da imaxe: NASA, Bill Ingalls
Explicación: dirixida a facer dúas órbitas ao planeta Terra e unha amaraxe no Pacífico, Orión resplandecía no ceo de primeiras horas da mañá do venres ás 7:05 am TE. A nave espacial lanzouse no cumio dun foguete United Launch Aliance Delta IV Heavy desde a Estación da Forza Aérea de Cabo Canaveral en Florida. A súa primeira viaxe ao espazo nun voo de proba sen tripulación, a Orión viaxou a unha 3.600 millas (5.800 quilómetros) da Terra, unhas 15 veces máis alto cá altitude orbital da Estación Espacial Internacional. De feito, a Orión viaxou máis afastada no espazo que calquera outra nave espacial deseñada para astronautas desde as misións Apollo deica a Lúa. O módulo de tripulación da Orión chegou a velocidades de 20.000 millas por hora (uns 32.000 km/h) e temperaturas que acadaron os 4.000 graos Fahrenheit (2.200 ºC) mentres re-entraba na atmosfera da Terra unhas 4,5 horas tralo lanzamento.