Formación estelar na Nebulosa do Cágado

ic410_WISEantonucci_960Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; procesado e copyright : Francesco Antonucci
Explicación: a emisión poeirenta da nebulosa do Cágado, IC 410, atópase a uns 12.000 anos luz de distancia ao norte da constelación Auriga. A nube de gas brillante ten uns 100 anos luz de diámetro, esculpida polos ventos estelares e a radiación procedentes do cúmulo estelar aberto incrustado NGC 1893. As estrelas do brillante cúmulo, formado na nube interestelar hai tan só 4 millóns de anos, poden ollarse todas ao redor da nebulosa de formación estelar. Destacan preto do centro da imaxe dúas correntes relativamente densas de material esvaéndose desde as rexións centrais da nebulosa. As formas destes cágados cósmicos, lugares potenciais de formación estelar en desenvolvemento de IC 410, teñen uns 10 anos de lonxitude. A imaxe amosada tirouse en luz infravermella polo satélite Wide Field Infrared Survey Explorer (WISE) da NASA.

Xa dispoñible: calendarios de parede APOD 2015