Philae tenta a aterraxe no núcleo do cometa

O Philae tenta aterrar no núleo cometarioCréditos da imaxe: ESA
Explicación: hoxe a humanidade realizará o seu primeiro intento de aterrar unha sonda no núcleo dun cometa. Mentres o día progresa, o aterrador Philae (fee-LAY) afastarase desde a nave espacial Rosetta e dirixirase á superficie do Cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko. Como a textura da superficie do cometa se descoñece e seguramente a súa gravidade superficial é baixa, entón Philae tentará arpoalo, algo que nunca se fixo ata o de agora. Vemos aquí unha ilustración artística do Philae, do tamaño dunha lavalouzas, tal e como se vería sobre a superficie do Cometa Churyumov–Gerasimenko, xunto con globos que explican polo miúdo os instrumentos científicos que leva. Moita xente dun planeta azul do Sistema Solar estará a agardar con degoiro novas e actualización. Se a Philae aterra ao fin, se aterra nunha zona regular, se o arpoado se mantén e como de fondo o aterrador robótico penetra na superficie, todo isto se coñecerá mentres os eventos de hoxe se desenvolven.

Actualizacións do aterrador do cometadesde a ESA