O disco protoplanetario de HL Tauri desde ALMA

HLtauri_alma_960Créditos da imaxe: ALMA (ESO/NAOJ/NRAO), NSF
Explicación: por que este disco xigante disco ten ocos? A excitante e probable resposta é: planetas. Un misterio é o xeito en como os planetas que adquiren a masa abonda para crear estes ocos se formaron tan axiña, xa que o sistema estelar HL Tauri ten só máis ou menos un millón de anos de idade. A imaxe na que se descubriron os ocos tirouse co novo conxunto de telescopios Atacama Large Millimeter Array (ALMA) en Chile. ALMA fotografou o disco protoplanetario, que abarca uns 1.500 minutos luz de diámetro, nun detalle sen precedente, resolvendo características tan pequenas coma de 40 minutos luz. A luz de baixa enerxía empregada por ALMA tamén foi quen de ollar ao través da brétema de gas e po que se interpón. O sistema HL Tauri atópase a uns 450 anos luz da Terra. O estudo de HL Tauri probablemente aportará información de como se formou e evolucionou o noso Sistema Solar.