A nebulosa Ollo de Gato desde o Hubble

A nebulosa Ollo de Gato desde o HubbleCréditos da imaxe: NASA, ESA, HEIC e The Hubble Heritage Team (STScI/AURA)
Explicación: para algúns, pode parecerse ao ollo dun gato. Porén, a sedutora nebulosa Ollo de Gato, atópase a tres mil anos luz da Terra ao través do espazo interestelar. A clásica nebulosa planetaria, o Ollo do Gato (NGC 6543), representa unha fase final e breve, aínda que gloriosa, na vida dunha estrela de tipo solar. Esta estrela central da nebulosa moribunda pode ter producido un deseño simple e externo de capas concéntricas poeirentas despois de quitarse varias capas nunha serie de convulsións regulares. Pero aínda non se comprende ben a formación das fermosas estruturas internas máis complexas. Tal e como se olla con claridade nesta imaxe do Telescopio Espacial Hubbla mellorada dixitalmente, realmente o ollo cósmico ten máis ou menos medio ano luz de diámetro. Naturalmente, contemplando o interior deste Ollo de Gato, os astrónomos ben poden estar a ollar o destino do noso Sol, destinado e entrar na súa propia fase de evolución de nebulosa planetaria… nuns 5 mil millóns de anos.