Galaxia polar anel NGC 660

ngc660_gemini_legacy956Créditos da imaxe: GObservatorio Gemini, AURA, Travis Rector (Univ. Alaska Anchorage)
Explicación: nesta instantánea cósmica, móstrase a NGC 660, unha fina composición creada a partires de datos obtidos con filtros de banda ancha e estreita do telescopio Gemini North en Mauna Kea. A uns 20 millóns de anos luz de distancia e nadando dentro dos límite da constelación Pisces, a aparencia peculiar de NGC 660 sinálaa coma unha galaxia polar de anel. Estas galaxias son unha clase galáctica estraña, cunha poboación sustancial de estrelas, gas e po que orbitan en aneis case perpendiculares ao plano do disco galáctico. O estraño aspecto da configuración podería ter sido provocada pola casual captura de material dunha galaxia que atravesou un disco galáctico, onde os refugallos capturados ben poderían verse obrigados a aliñarse nun anel en rotación. A violenta interacción gravitatoria daría conta da miríada de rexións rosadas de formación estelar ao longo do anel de NGC 660. A compoñente do anel polar tamén se pode empregar para explorar a forma da, doutro xeito invisible, halo de materia escura da galaxia, calculando a influencia gravitatoria da materia escura na rotación do anel mailo disco. Broader than the disk, O anelNGC 660’s ring spans over 50,000 light-years.