Espectro alumeando a cámara lenta


Créditos do vídeo: H. H. C. Stenbaek-Nielsen (U. Alaska, Fairbanks), DARPA, NSF
Explicación: que fai que o espectro alumee? Os misteriosos estoupidos de luz no ceo, que por un intre lembran a unha augamar xigante, graváronse durante uns 25 anos, pero a súa orixe aínda fica descoñecida. Algunhas tormentas os teñen; a maioría non. Porén, recentemente os vídeos de alta velocidade son o mellor para detallar como se desenvolven realmente os espectros. O vídeo amosado é abondo rápido, a uns 10.000 fotogramas por segundo, para resolver temporalmente varias “bombas” de espectro pingando e desenvolvéndose en correntes de moitas puntas que aparecen nas instantáneas. Desafortunadamente, as pistas visuais proporcionadas por estes vídeos non resolven por completo o misterio da orixe do espectro. Aínda que, como indican algúns investigadores, probablemente eses espectros teñan máis probabilidade de ocorrer cando hai irregularidades de plasma na parte superior da atmosfera.