Lúas en oposición


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an alternate version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Rick Baldridge
Explicación: durante as primeiras horas do 8 de outubro nos ceos sobre Santa Cruz (California), a Lúa eclipsada completamente amosa unha variedade de cores ao través da imaxe telescópica de boa exposición da eclipse lunar. Por suposto, a eclipse lunar só pode ocorrer cando a Lúa está en oposición ao Sol no ceo da Terra e escorregando ao través da sombra do planeta. Tamén preto da oposición e, claramente a só medio grao máis ou menos do limbo lunar, o afastado Urano é tenue pero doado de ollar na parte inferior dereita. Aínda máis tenues son as lúas do xigante xelado. Para atopalas, move o teu cursor sobre a imaxe (ou segue esta ligazón) e poderás examinar unha exposición máis longa. Mentres que a superficie escurecida da nosa Lúa eclipsada aínda está moi sobreexposta, as lúas de Urano, Titania, Oberón e Umbriel só poden albiscarse coma febles alfinetadas de luz.