Desde o Templo do Sol ata o Templo da Lúa

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.
Créditos da imaxe e copyright: Dave Lane
Explicación: que conecta o Sol coa Lúa? Déronse moitas respostas ao través da historia, pero no caso da imaxe amosada hoxe, parece ser o plano da nosa Galaxia Vía Láctea. A panorámica de 16 fotografías tirouse no Parque Nacional Capitol Reef, Utah (EE.UU.) onde dous monolitos de arenisca, o Templo da Lúa á esquerda e o Templo do Sol á dereita, érguense espectacularmente desde o deserto. Cada monumento natural ten uns 100 metros de altura e sobrevive desde o periodo Xurásico hai 160 millóns de anos. Son incluso máis vellos ca moitas das estrelas e nebulosas que puntean o fondo celeste, incluíndo á Galaxia Andrómeda. Mañá a Terra conectarase co Sol maila Lúa polo camiño da súa sombra: unha eclipse lunar total poderá ollarse desde moitos lugares ao redor do globo.