Detector da Estación Espacial atopa exceso de positróns sen explicación

Un detector da estación espacil atopa un exceso de positrónsCréditos da imaxe e licenza: Ron Garan, tripulación STS-134, tripulación da expedición 28, NASA
Explicación: de onde veñen todos eses positróns de alta enerxía? O Alpha Magnetic Spectrometer (AMS-02 ou Espectrómetro Magnético Alfa) a bordo da Estación Espacial Internacional (ISS) estivo a gravar de xeito minucioso a frecuencia de chegada tanto de electróns como de positróns de altas enerxías desde 2011. Despois de amorear anos de datos, acaba de resultar claro que hai un número significativamente superior de positróns ca de electróns nas altas enerxías detectadas. O exceso pode ter unha orixe moi excitante e fonda; a aniquilación de partículas de materia escura aínda non detectadas e moi afastadas. Porén, tamén é posible que fontes astronómicas coma os púlsares estean a crear a discrepancia sen explicación. O tema segue a ser unha área activa de investigación. O AMS, fotografado aquí, pode ollarse sobre a ISS xusto despois de ter sido instalado, co Transbordador Espacial estadounidense atracado no extremo dereito, unha cápsula Soyuz rusa atracada no extremo esquerdo e a Terra azul que alberga a todas as nacións visible polo fondo.