Aurora e Vía Láctea nun ceo pequeno

Vía Láctea e aurora en ceo pequenoCréditos da imaxe e copyright: Göran Strand
Explicación: unha ponte de poldras parece levar ata a Vía Láctea que se estira ao través deste ceo pequeno. Como é natural, realmente a escena amosa a noite do equinoccio outonal do hemisferio setentrional. A auga e o ceo están invertidos de arriba abaixo, ao redor do horizonte coa proxección estereográfica centrada no cénit sobre o Lago Storsjön en Jämtland, Suecia. Ao norte a Vía Láctea arquéase desde o leste ata o oeste en todo o alto mentres empeza o outono, pero a estación tamén é un bo momento para ollar a aurora. As tormentas xeomagnéticas medran en frecuencia preto do equinoccio e producen destacadas aparicións de luces do norte en altitudes elevadas, coma o misterioso brillo verdeallo reflectido neste cosmos augacento.