A Nebulosa Bolboreta desde o Hubble

A nebulosa bolboreta desde o HubbleCréditos da imaxe: NASA, ESA e o Hubble SM4 ERO Team; Reprocesado e copyright: Francesco Antonucci
Explicación: os cúmulos e nebulosas brillantes do ceo nocturno do planeta Terra son a miúdo nomeados coma flores ou insectos. Aínda que a súa envergadura cobre uns 3 anos luz, NGC 6302 non é unha excepción. A estrela moribunda central desta particular nebulosa planetaria, cunha temperatura superficial estimada nuns 250.000 graos Celsius, resulta excepcionalmente quente e brilla moi forte en luz ultravioleta pero oculta da visión directa por un toro denso de po. Este primeiro plano definido e cheo de cor da nebulosa da estrela moribunda foi gravado en 2009 pola Wide Field Camera 2 do Telescopio Espacial Hubble, pero preséntase aquí en cores reprocesadas para que se pareza máis ao que vería un ollo humano. O toro de po que arrodea a estrela central, atallando por unha cavidade brillante de gas ionizado, está no centro desta imaxe, case de canto á nosa liña de visión. Na envoltura cósmica poeirenta da estrela quente detectouse hidróxeno molecular. NGC 6302 atópase a uns 4.000 anos luz de distancia na aracnoloxicamente correcta constelación do Escorpión Scorpius).

Calendario de parede do APOD: nebulosas e cúmulos estelares