Aurora e piar volcánico de luz


Mira a explicación. Movendo o cursos sobre a imaxe terás a versión anotada. Premendo na imaxe obterás a versión na maior resolución posible.
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées)
Explicación: iso non é un solpor. E esa fina liña vermella xusto por riba del; iso non é un pilar solar. O brillo vermello do horizonte orixínase a partires dunha erupción volcánica, e a liña vermella é a reflexión da erupción polos cristais de xeo atmosférico que flutúan no aire. Este estraño pilar de luz volcánico captouse sobre Islandia a comezos deste mes. A escena publicada mira ao norte desde Jökulsárlón cara o volcán en erupción Bárðarbunga no eido de lava Holuhraun. Incluso o ceo do primeiro plano é pintoresco, con nubes de textura grisalla na atmósfera baixa, a escintilante aurora verde na atmosfera superior e estrelas brillantes afastadas ao lonxe. Aínda que a última erupción de Holuhraun foi en 1797, a actual actividade volcánica continúa.