Luz zodiacal antes do mencer



Le a explicación. Movendo o cursor sobre a imaxe terás unha versión alternativa. Premendo a imaxe chegarás á versión de maior resolución dispoñible.
Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Las Campanas Observatory, Carnegie Institution)

Explicación: poida que non o adiviñes, pero aínda faltaban horas ata que saíse o Sol cando se tirou esta paisaxe nocturna, unha vista ao longo do horizonte leste desde unha ubicación remota no deserto de Atacama de Chile. Estirándose polo alto no, outrora escuro, ceo estrelecido, o estraño brillo cónico tamén é luz solar, esparexida polo po que hai ao longo do plano da eclíptica do Sistema Solar. A aparición, coñecida coma luz zodiacal, tamén recibe o alcume de “mencer falso”. Preto do centro, a brillante estrela Aldebarán e o cúmulo estelar das Pléiades semellan inmersas na luz zodiacal, con Orión cara o bordo dereito do recadro. A emisión avermellada que procede de NGC 1499, a Nebulosa California, tamén se pode ollar ao través da tinguidura de luminescencia ao longo do horizonte. Se escorregas o cursor sobre a fotografía (ou segues esta ligazón) etiquetarás o ceo sobre este lugar do futuro Telescopio Xigante Magallanes no Observatorio Las Campanas.

NOTA: gustas da astonomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.