Laniakea: o noso supercúmulo de galaxias fogar

Laniakea: o noso supercúmulo de galaxias fogarCréditos da imaxe: R. Brent Tully (U. Hawaii) et al., SDvision, DP, CEA/Saclay
Explicación: non é só unha das estruturas máis grandes coñecida; é o noso fogar. O recén identificado Supercúmulo Laniakea de galaxias contén milleiros de galaxias que inclúen á nosa Galaxia da Vía Láctea, ao Grupo Local de galaxias e ao achegado Cúmulo de Galaxias Virgo ao completo. O colosal supercúmulo preséntase na visualización superior xerada por computador, onde as áreas verdes son ricas en galaxias ou puntos brancos e as liñas brancas indican o movemento cara ao centro do supercúmulo. Un contorno de Laniakea represéntase en laranxa, mentres que o punto azul amosa a nosa ubicación. No exterior da liña laranxa, as galaxias flúen noutras concentracións galácticas. O Supercúmulo Laniakea abarca uns 500 millóns de anos luz e contén cunhas 100.000 veces a masa da nosa Galaxia Vía Láctea. Os descubridores de Laniakea déronlle un nome que significa “ceo inmenso” en hawaiano.

NOTA: gustas da astonomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.